Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio pola muller asasinada en Puertollano (Ciudad Real,) vítima de violencia machista.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, sobre os orzamentos municipais.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a senadora mexicana Mariana Gómez del Campo.

12.30 h
No Praza de Sofía, 3. 1º B. (Fontiñas), a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, asisten á inauguración do local cedido polo Concello para o programa CaixaProinfancia da Asociación Arela.

19.00 h
No teatro Afundación de Vigo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á entrega a Monicreques de Kukas do Premio da Cultura Galega 2019.

Compartir: