Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 13 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural en funcións, Branca Novoneyra, para presentar a publicación sobre o Panteón Real realizada en colaboración coa Agrupación Cultural O Galo. Na rolda tamén participarán Esperanza Delgado e Mercedes Espiño, da citada asociación.

11.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos en funcións, Concha Fernández, para presentar as actividades con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Na rolda estará Isabel Rey, da Rede Galega en Apoio das Persoas Refuxiadas, e Tato López, produtor.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, homenaxe a directores/as e profesores/as dos centros de primaria e secundaria de Santiago de Compostela que se xubilan este ano.

20.00 h
Na praza das Praterías, "De tradición con Suso Vaamonde", concerto da Banda Municipal de Música. Con Suso Vaamonde como narrador e dirixidos por Casiano Mouriño.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Todo o día
En diversos espazos da cidade, Galicia Escena Pro 2019.

Compartir: