Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 2 de abril

10.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, preside o Consello Municipal de Cooperación. SÓ GRÁFICOS.

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o novo delegado institucional do CSIC en Galicia, Antonio De Ron.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre o calendario de adxudicación das hortas urbanas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar unha nova campaña de "Compostela máis solidaria". Na rolda estará Lorena Seijo, da coordinadora galega de ONG.

11.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á selección española sub-19 feminina de fútbol.

20.30 h
No Teatro Principal, 17 Encontro Universitario de Danza da USC.

Compartir: