Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade e do concelleiro de Medio Rural, Marta Lois e Rafael Peña; da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e de Aser Álvarez, organizador, para presentar o FICRural (Foro Internacional de Cultura e Economía Rural).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para dar conta da convocatoria das axudas ao bonotaxi

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, sobre o Programa de Conciliación de Semana Santa.

12.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao Arteal TM, gañador da Copa do Rei 2019 de Tenis de Mesa.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a Cristy Tojo, campioa de Europa sénior de parakárate, na modalidade de diversidade visual.

20.30 h
No Teatro Principal, Jazz na Rúa Nova, concerto no que Pablo Castaño Quartet presenta "A-la-láa", e Pablo Sanmamed Trío presenta "16/04".

Compartir: