Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 13 de decembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a San Silvestre 2019. Na rolda tamén estará o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e Tina Fernández, atleta galega e subcampioa da pasada edición.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Mesías Participativo" de Haendel coa Real Filharmonía de Galicia, o coro Barcelona Ars Nova e coros afeccionados, en colaboración coa Obra Social La Caixa. Dirixidos por Robert Howarth, coa soprano Elisa Wilson, a alto Catherine Hopper, o tenor Guy Cutting, a baixo Morgan Pearse e a directora dos coros Mireia Barrera. Asiste o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Compartir: