Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 19 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a Tomas Lindahl, Premio Nobel de Química 2015, dentro do Programa ConCiencia.

11:00 h
Na FEGAMP (rúa de Varsovia 4C), a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, asiste á apertura da xornada "Recursos e ferramentas de accesibilidade para as persoas xordas".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do XVI Simposio "O libro e a lectura. O libro educativo na era dixital", que se celebrará os días 21 e 22 de novembro no auditorio do Consello da Cultura Galega. Interveñen: a concelleira de Educación, Noa Díaz; e o vicepresidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos.

12.30 h
Na estación de servizo Staroil en Mercagalicia (Polígono do Tambre), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de inauguración da primeira estación pública de carga de gas natural para vehículos da cidade. Tamén asisten o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro; o delegado de Proyectos Movilidad Zona Norte-Portugal en Naturgy, José Antonio Sánchez; o xerente da estación de servizo Staroil, Juan Lago; e a directora de Mercagalicia, María Vázquez.

18.00 h
No Paseo Central da Alameda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Luis Davila & Gogue. As historias do noso día a día". Tamén asisten, por Faro de Vigo, o subdirector xeral de Prensa Ibérica en Galicia, Juan Carlos Dasilva; o xerente do xornal, Pedro Costa; o director comercial, Luis González; e o delegado en Santiago, Xosé A. Taboada; e polo Centro Banco Sabadell, o director rexional de Galicia, Juan Candamo; e o director de Transformación Comercial de Galicia, Juan Varela.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo, presenta o libro "Los Cedeira. Arte de la platería en Compostela (siglos XVI-XVII)". Tamén asisten Diana Dúo Rámila, autora do libro; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; e Lucila Ventoso, responsable de Andavira Editora.

Compartir: