Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 18 de outubro

11.00 h
Na praza do Toural, a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, visita o stand do Concello instalado con motivo do Día europeo contra a trata.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Navia Rivas, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, sobre asuntos da súa área.

13.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Academia Galega de Teatro.

17.30 a 19.30 h
Na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia, #CONVERSANDO, Falar con Matarile Teatro mirando a un xardín, actividade do Club C! previa ao espectáculo ‘Los limones, la nieve y todo lo demás’ que Matarile presentan no Auitorio de Galicia o sábado 19.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, Micomicón presenta ‘Donde el bosque se espesa’, dirixida por Laila Ripolle co apoio do programa Platea do INAEM.
XXIV Festival Internacional Galicreques 2019
No Teatro Principal, Centros Socioculturais e outros espazos, ao longo de todo o día.
Toda a información en galicreques.com

Compartir: