Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 8 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar as actividades do Orgullo 2018. Na rolda estarán Xabier Caruncho, de ARELAS; Daniela Ferrández, do colectivo AmiZando e Xandre Garrido, de Avante.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o 4º día do Deporte Solidario. Asistirán representantes de Área Central e ACEM (Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa accidental, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

18.00 h
No Xardín Botánico do Pazo de Fonseca, Antonio Gamoneda descubre a cuarta pedra do "Xardín das pedras que falan", gravada cuns versos da súa autoría. Asisten: o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o reitor da USC, Antonio López; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; e o escritor e impulsor da iniciativa, Suso de Toro.

18.00 h
Na sala Agustín Magán (Centro Cívico de Santa Marta), presentación de "Nómades", de Xarope Tulú, dentro do programa de residencias do espazo.

19.15 h
No Centro Cívico Aurelio Aguirre (Conxo), obradoiro artístico con materiais de refugallo dentro das actividades de Compostela + Solidaria.

19.30 h
No Centro Xove de Creación Cultural, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros e concelleiras do Goberno municipal participan nun novo Encontro Ao Vivo coa veciñanza da Almáciga e San Pedro.

20.00 h
Na SELIC, encontro con Antonio Gamoneda.

20.00 h
Na Igrexa da Universidade, concerto do Yale Schola Cantorum, dirixido por David Hill e con Masaaki Suzuki, como principal director convidado. Interpretan ‘Path of Miracles’, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

20.00 h
No Teatro Principal, presentación de Común-Artes, proxecto comunitario de inclusión social a través das artes enmarcado en Compostela + Solidaria.

22.30 h
No Teatro Principal, proxeccións da 13ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.

Compartir: