Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 18 de abril

8.15 h
Na Sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión executiva da devandita entidade.

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Urdime SCG presenta "Gatuxo", dentro do Programa Didáctico.

10.00 h
Na AP-9 (PK70), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de inicio das obras do novo enlace da autoestrada AP-9 coa Cidade da Cultura.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, inaugura a exposición "A pegada do coñecemento", que mostra os fondos da biblioteca histórica do Instituto Xelmírez I.

12.10 h
Na sede da Asociación de Hostalería, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, e da presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, para presentar a oferta de pratos de cabra en máis de 20 restaurantes da cidade pola celebración do Banquete de Conxo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h
No Centro Sociocultural de Santa Cristina, obradoiro para mellorar o benestar individual e colectivo das mulleres dentro do programa de actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Compartir: