Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de abril

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Urdime SCG presenta "Gatuxo", dentro do Programa Didáctico.

10.30 h
Na Consellería de Infraestruturas e Vivenda (Sala de Xuntas), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á xuntanza da Comisión de seguimento do Protocolo de Colaboración para a Mellora e Integración Paisaxística das Entradas dos Camiños de Santiago. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ás 11.15 h, aprox.

11.45 h
No Bosque do Banquete de Conxo, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, inaugura a Fonte da Virxe, recuperada no marco do Obradoiro de Emprego Ecotur III. Punto de encontro: aparcadoiro do 061.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: