Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de abril

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Las Tricotouses presentan ‘Emoticores’ dentro do programa didáctico.

10.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar a SantYaGo Peregrina. Na rolda estará o presidente do club de Atletismo Fontes do Sar, Jose Antonio Juanatey.

11.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar o Roteiro Histórico pola Compostela republicana. Na rolda estará o historiador Alfonso Iglesias Amorín.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio pola muller asasinada en Blanes (Girona) vítima de violencia machista.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
No Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega da X edición dos Premios Educacompostela.

Compartir: