Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 21 de setembro

11.00 h
No campo de fútbol das Cancelas, a concelleira de Deporte, Noa Morales, visita as instalacións despois das obras realizadas.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 19 de xaneiro de 2017 (acta núm. 1/17).
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto integrado da nova estación intermodal de Santiago de Compostela (estación de ferrocarril-estación de autobuses-pasarela peonil de conexión).
4. Aprobación do convenio de colaboración para a xestión do programa "Área de Santiago".
5. Determinación de festivos locais para o ano 2018.
6. Aprobación do IV Plan de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela.
7. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre as medidas a adoptar en relación co cobro indebido de plusvalías procedentes do imposto polo incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
8. Proposición do grupo municipal do BNG para a recuperación de dúas esculturas do Pórtico da Gloria para o patrimonio público.
9. Proposición do grupo municipal do Partido Popular sobre o acondicionamento e mellora da entrada da vía da Prata no Concello de Santiago.
10. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á instalación de fibra óptica no ámbito da cidade histórica.
11. Dar conta da elevación a aprobación definitiva das modificacións do Regulamento Orgánico Municipal do Pleno.
12. Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
13. Solicitude do grupo municipal do Partido Popular de comparecencia da concelleira de economía, facenda e administración.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

18.30 h
Saída da Cruz de San Pedro. O escritor Daniel Asorey conduce un paseo pola Compostela da súa novela Nordeste. Actividade en colaboración coa AELG. Acceso gratuíto e limitado a 50 prazas.

19.30 h
Na Praza de Praterías, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago baixo a dirección de Casiano Mouriño Maquieira. O programa do concerto, titulado Coplas, bosquexos e intermedios, inclúe obras de M. Palau, M. Ippolitov Ivánov, F. Asenjo Barbieri, R. Soutullo, M. Asins Arbó e G. Giménez.

20.30 h
No Teatro Principal, estrea da obra NaButaca, de Esther Carrodeguas e con Pepa Barreiro como actriz principal. A representación ofrece unha ollada optimista sobre o esquecemento e faise coincidir co Día Mundial do Alzheimer. A recadación destínase á asociación AGADEA.

Compartir: