Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de setembro

10.20 h
Na praza de Abastos (entrada principal), o voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, mantén un encontro cos medios de comunicación.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a XIV Edición do Festival Curtocircuíto. Na rolda tamén estará a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o director da Agadic, Jacobo Sutil; e o director do festival, Pela del Álamo.

18.00 h
Na Casa da Tumbona (Rúa das Hortas, 37). Esperanza Mariño Davila conduce o Itinerario compostelán de Isaac Díaz Pardo. Acceso gratuíto e limitado a 50 prazas.

20.00 h
No Pazo de Fonseca, a concelleira Marta Lois asiste á inauguración do Congreso "A xermanística en tempos de mudanza".

20.00 h
No CSC de Vite, concerto de presentación da tempada da Real Filharmonía de Galicia. Paul Daniel dirixe á orquestra na interpretación da Sinfonía nº 7 de Beethoven e a Música Acuática de Haendel. Acceso libre ata completar aforo.

20.00 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música. Do pasodobre á danza armenia. Co director Casiano Mouriño Maqueira.

20.30 h
Na Igrexa das Ánimas, Festival herDanza. Actuación da Cía. Glovo. Esther Latorre e Hugo Pereira poñen en danza o seu espectáculo MAPA. Acceso de balde ata completar aforo.

20.30 h
No Teatro Principal, segundo pase de "A Canción do Elefante", de Redrum Teatro. Un thriller psicolóxico dirixido por Álex Sampayo, con Guillermo Carbajo, Ernesto Chao e Patricia Vázquez como protagonistas.

21.30 h
Na Casa do Matadoiro, Festival herDanza. Proxección do documental DanzaSur: Escena Contemporánea (David González Cifuentes e Tamara González Marchant, 2015). Acceso de balde ata completar aforo.

Compartir: