Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas, para presentar a estrea absoluta do espectáculo A Canción do Elefante, da compañía de Teatro Redrum. Na rolda tamén estarán o director da Agadic, Jacobo Sutil; o director da obra, Álex Sampayo, e os actores Guillermo Carbajo e Ernesto Chao.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar unha nova edición do CorreSan. Na rolda tamén estará o delegado da Federación Galega de Atletismo en Santiago, Iván Sanmartín.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar unha campaña de fomento da reciclaxe co Santiago Futsal. Na rolda tamén estarán o presidente do club, Ramón García, e os xogadores Víctor Lopez, Iago Barro e Santi Valladares.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
Na SaLa Montiel, Festival herDanza. Conversa Creación en colectivo: O exemplo do proxecto ‘NIDO-Rizoma 2016’ de Sharon Friedman. A filósofa e médico Mónica Páramo Casas modera esta sesión na que participan o bailarín Diego Buceta e o realizador e produtor Damián Varela. A actividade inclúe a proxección dun documental que o director realizou sobre o citado proxecto. Acceso libre ata completar aforo.

Compartir: