Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 31 de xullo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o alumnado do campamento urbano do Centro Xuvenil Don Bosco.

11.00 h
Na sede da Fundación Secretariado Xitano, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste ao acto de clausura e entrega de diploma dos cursos de formación e inserción laboral.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na praza de Feixoo (Modus Vivendi), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do Festival Feito a Man. Na rolda tamén estarán Manuel Rodríguez e Ánxeles Porto, da Asociación Cultural Cidade Vella.

13.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Aprobación do expediente de suplemento de crédito nº 2017-SUPLE-02 por importe 5.498.361,23 € e expediente de crédito extraordinario nº 2017-CREXT-03 por importe 2.046.350,89 €, financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do Concello do exercicio 2016.

Compartir: