Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 21 de xullo

10.45 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para dar conta do Programa de Emprego Xuvenil.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Noa Morales para presentar a xornada do folclore das Festas do Apóstolo, na que participarán os grupos Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Ultreia e a agrupación Ponte Vella de Teo.

12.00 h
No Museo das Peregrinacións, a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da exposición "O Camiño de Shikoku".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar os Fogos do Apóstolo. Na rolda tamén estará Javier García, director artístico do espectáculo.

19.30 h
Na Falcona (antiga cárcere no Pazo de Raxoi), acto de lembranza do 18 de xullo e homenaxe aos represaliados. Intervirán: Antonio Míguez Macho, do grupo Histagra da USC; Mila Bouzón, representante de Iniciativa Galega pola Memoria; e María Rozas, primeira tenente de alcalde do Concello de Santiago.

Compartir: