Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 17 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o II Memorial Antonio Bermúdez, que protagonizarán a SD Compostela e o CD Lugo o Día do Apóstolo. Na rolda tamén estarán o presidente da SD Compostela, Antonio Quinteiro; o responsable de Relacións Institucionais, Ramón Castro García; e o xornalista Toño Bermúdez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, para presentar o Certame Folc, dentro do programa das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estarán Ignacio Carballo, delegado de La Voz de Galicia en Santiago; Ramón M. Novoa, xefe comercial; e Pepe Ferreirós, do grupo Milladoiro.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o Premio Nobel de Física 2012, Serge Haroche, que chega á cidade dentro do programa ConCiencia.

20.00 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, Asemblea da Mocidade e das Festas do Apóstolo dos Orzamentos Participativos.

21.00 h
O Festival Peregrinos Musicais pecha a súa VII edición cun concerto dos solistas participantes no programa xunto coa Real Filharmonía de Galicia. Coa dirección musical de Maximino Zumalave, interpretan pezas de J. Hayden, S. Mercadante, C.M. von Weber, F. Mendelssohn, S. Taneev e Bethoven.

Compartir: