Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 14 de xullo

10.30 h
No Teatro Principal, masterclass de violín co profesor Sergey Arutyunyan no marco do VII Festival Peregrinos Musicais. A audición é aberta ao público en horario de 10:30 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.00 h
Na sede de Compostela Monumental (rúa da Algalia de Arriba, 31), a concelleira Noa Morales, asiste ao acto de presentación da Federación de Comercio de Santiago e comarca.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da tenente de alcalde, María Rozas, para presentar o Día do Traxe, que se celebrará dentro das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estarán Francisco Collantes, secretario da Asociación do Traxe Galego, e Pati Blanco, director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés-Galicia.

20.00 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, Asemblea Municipal dos Orzamentos Participativos.

21.00 h
Na Catedral de Santiago, concerto "Os Peregrinos Musicais", cita central do festival homónimo que este ano celebra a súa sétima edición. A entrada é de balde e o acceso libre ata completar o aforo.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, último pase de Annus Horribilis, dentro do ciclo Chévere 3.0 .

22.30 h
Na Casa do Concello, recepción cidadá con motivo do Pregón e inicio das Festas do Apóstolo 2017.

FESTAS DO APÓSTOLO 2017

Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Uxía Senlle
22.30 h | Praza do Obradoiro

CONCERTO
Xan Campos ESD (jazz-rock)
20.30 H | PRAZA DE FEI XOO

CONCERTO
Terra da Fraternidade
Raigaña+Mercedes Peón (Galicia)
Warsaw Village Band (Polonia)
23.00 h | Praza da Quintana

Compartir: