Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 13 de xullo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

20.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición con motivo do 25 aniversario do Consorcio.

10-14 h e de 16-20 h
A exposición "Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia", comisariada por Anxela Caramés pode ser visitada no Auditorio de Galicia en horario de 10-14 h e de 16-20 h. A entrada é libre.

20.00 h
Concerto da Banda Municipal de Música e o grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira na Praza das Praterías. Coa dirección de Casiano Mouriño Maquieira e a presenza de Montserrat Rivera (profesora de baile), Felisa Segade (profesora de canto) e Xoán Porto (profesor gaiteiros). O acceso é libre e a entrada de balde.

20.30 h
O VII Festival Internacional Peregrinos Musicais prosegue no Teatro Principal co concerto "Mestres e Laureados I". Iago Domínguez, ao violoncello, e Ilona Timchenko, ao piano, interpretan pezas de R. Schuman, B. Britten, F. Poulenc e G. Cassadó.

21.00 h
A compañía teatral Chévere ofrece unha nova función do Annus Horribilis no Auditorio de Galicia. A obra enmárcase no ciclo Chévere 3.0, que a compañía teatral realiza con motivo do seu trinta aniversario.

Compartir: