Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 11 de xullo

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio, Xaquín López González, para presentar o VII Festival Internacional Peregrinos Musicais. Na rolda tamén participarán o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, e a directora artistica do Festival, Ilona Timchenko.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar as actividades do Apóstolo 2017 programadas en colaboración con Cidade Vella. Na rolda tamén participará Manuel Rodríguez, membro da asociación.

12.00 h
En Pontepedriña de Arriba (O Avío), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, inaugura o Centro Nacional de Formación en materia de Rehabilitación.

20.00 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta, Asemblea de Apoios dos Orzamentos Participativos para a zona Sur: Conxo, Vidán, Santa Marta e A Rocha.

19.00 h
O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acollerá dende o 11 de xullo e ata o 30 de setembro a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural. A mostra abrirase cunha charla inaugural titulada "Coexistencia do lobo e o mundo rural", impartida por Carlos Sanz, biólogo, director de documentais e responsable do mantemento e manexo dos lobos no Centro do Lobo Ibérico de Castela e León.

10-14 h e 16-20 h
A exposición "Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia", comisariada por Anxela Caramés pode ser visitada no Auditorio de Galicia en horario de 10-14 h e de 16-20 h. A entrada é libre.

Compartir: