Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 10 de xullo

9.30 h
No Edificio Cersia (rúa do alcalde Raimundo López Pol. San Lázaro), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o secretario xeral da UCCLA (Unión das Cidades Capitais de Língua Portuguesa), Vítor Ramalho, inauguran a xornada "A Lingua como Oportunidade".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Noa Morales e do director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño, para presentar o concerto no que a Banda colaborará coa asociación de Baile e Música Tradicional "Brincadeira". Por parte da asociación estarán na rolda Xoán Porto e Felisa Segade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a cantante Uxía, pregoeira das Festas do Apóstolo 2017.

20.00 h
No Centro Sociocultural de Vite, Asemblea de Apoios dos Orzamentos Participativos para a zona Norte: Basquiños, Vite, Guadalupe, San Caetano, Salgueiriños, Meixonfrío e Mallou.

Compartir: