Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 6 de maio

9.00 h
Na Praza de Europa, a concelleira de Deporte, Noa Morales, participa na Andaina dos 50 km organizada polo Club Deportivo Fontiñas

9.45 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta, o concelleiro Rafael Peña, saúda os participantes da final do Club de Debate. Participan seis centros educativos de toda Galicia, que debaterán sobre "O futuro da lingua depende da mocidade". Ás 18.00 h, asiste á entrega de premios.

20.30 h
No Teatro Principal, Imperdible, o Festival de Impro de Galicia, presenta "Oniria", de Javi Pastor. Un espectáculo de improvisación con escenas ambientadas no mundo dos soños.

22.00 h
En San Francisco, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á saída da carreira nocturna SantYaGo10K, cun circuíto por varias rúas da cidade e meta na praza do Obradoiro. Ao remate, fai entrega dos premios.

Compartir: