Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de maio

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración do Simposio Internacional de hospitalidade e xestión ambiental no Camiño de Santiago.

11.00 h
No Teatro Principal, a concelleira María Rozas participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da 12 MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, que se celebra do 29 de maio ao 3 de xuño. Na rolda tamén estarán Xisela Franco, coordinadora da sección Etnografía, Muller e Cinema da mostra con Beli Martínez; Ana Estévez, directora da MICE; e Iván García Ambruñeiras, de Cineclube de Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG; Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a Festa do Deporte 2017.

13.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste ao acto "Abrindo os Camiños".

20.00 h
No CSC de Vite, inauguración da exposición Case nada en común, que se poderá ver no centro ata o 29 de maio.

20.30 h
No Teatro Principal, Imperdible, Festival de Impro de Galicia, presenta ‘Secuestrados’ con Teatro Indigesto, un espectáculo gamberro de improvisación teatral.

Compartir: