Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o II Torneo Internacional de Quidditch. Na rolda estará un representante da Asociación deportiva de Quidditch Lumos Compostela, organizadora do torneo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Marta Lois para presentar o novo número de Compostelánea.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o XXII Certame de Teatro Intercentros.

19.00 h
No Salón Vermello, recepción por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ao Santiago Futsal, campión da Copa Xunta.

Compartir: