Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para martes 30 de maio

10.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a unha delegación ministerial de Guinea Bissau.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o proxecto das obras que se desenvolverán no pavillón deportivo do CEIP Apóstolo Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a I Gala de Seguridade Viaria. Na rolda tamén estará a oficial Diana Parente.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o I Obradoiro de Forxa que se celebrará en Santiago do 16 ao 18 de xuño. Na rolda estará Chago Martínez, forxador compostelán.

18.30 h
No Auditorio Abanca, Festival de Música e Movemento organizado polo Departamento de Música e Movemento da Escola Municipal de Música.

19.00 h
Na Zona C, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois asiste á inauguración da exposición "Os mundos de Carlos Casares".

19.00 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste á proxección de "Frágil equilibrio", premio Goya ao mellor documental 2017, dentro da mostra de cine documental do programa "Compostela + Solidaria".

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro Jorge Duarte asiste á entrega do premio Ramiro Carregal.

Compartir: