Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 27 de maio

10.00 h
En Ibiza (Museu D’Art Contemporani d’Eivissa, MACE) a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste á Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

10.00 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, visita guiada á Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC). Necesaria inscrición previa no mail exposicions@auditoriodegalicia.org

De 11.00 a 14.00 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, taller infantil de decoración de azulexos con Alba Rodríguez Bernárdez, dentro das actividades da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC). Dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Necesaria inscrición previa en albitarober@gmail.com

12.00 h
Roteiro interpretativo polas Brañas do Sar, dentro das actividades do CIAC. A actividade está dirixida a todos os públicos (nenos/as a partir de 7 anos). É de balde pero é preciso inscribirse no 981543145 ou en ciac@santiagodecompostela.gal

12.30 h
Na Granxa do Xesto, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de trofeos da V Proba da Liga Galega de O-Pé (Carreira de orientación).

14.00 h
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á XX Festa para os Maiores.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a tropa Korriban Star Wars Galicia ao remate do desfile que partirá do colexio La Salle e que pasará por rúa Valle Inclán, Costa de San Domingos, Porta do Camiño, Casas Reais, rúa Travesa, rúa San Bieito, Cantón de San Bieito, Praza Pescadería Vella, Praza de San Agostiño, rúa das Ameas, Praza de San Fiz, Travesa da Universidade, Praza da Universidade, Praza de Mazarelos, rúa Cardenal Payá, rúa das Orfas, Cantón do Toural, Praza do Toural, rúa do Vilar, Praza de Praterías, rúa Fonseca, para chegar finalmente ao Obradoiro.

21.00 h
Na Alameda, a concelleira de Deporte Noa Morales asiste á entrega de premios do LXI Torneo da Chave "Festas da Ascensión"

FESTAS DA ASCENSIÓN 2017

XX FESTA PARA OS MAIORES
Recinto Feiral de Amio
14.00 h Xantar e a continuación actuación musical de SALSASERENA

10.00 a 15.00 h. V PROBA DA LIGA GALEGA DE O-PÉ (carreiras de orientación)
Monte Pedroso
(USC en colaboración coa Federación Galega de Orientación, Deputación da Coruña e Concello de Santiago)

10:00 a 20.30 h. CAMPIONATO GALAICO-PORTUGUÉS SUB 17 MASCULINO DE HÓCKEI A PATÍNS
(Selección Galega e as seleccións das cidades portuguesas de Porto, Aveiro e Minho)
Pavillón Municipal de Vite
(Federación Galega de Patinaxe e Club Hóckei Compostela)

12.00 h. BANDA MUNICIPAL DE LALÍN
Praza das Praterías

17.00 h. LXI TORNEO DA CHAVE FESTAS DA ASCENSIÓN
Parque da Alameda
Asociación de Xogadores da Chave de Santiago

CORAIS NA RÚA
17.00 h Amigos de Compostela e Asubío. Rúa do Vilar
17.30 h Pontemantible e La Salle. Igrexa de Salomé
18.00 h A Xuntanza, Amigos do Castiñeiriño e A Ruliña. Praza de Cervantes
18.30 h Xúbilo, Coto da Nai e Santa Susana. Praza da Quintana
19.00 h CANTORUM COMPOSTELLANA CONIUNCTIO actuación conxunta. Praza das Praterías

17.30 h. Desfile IMPERIAL STORMTROOPERS III polas rúas do Casco Histórico ata chegar á Praza do Obradoiro ás 19.30 h.

18.00 h. MADUIXA TEATRE: MULÏER
Praza da Quintana

20.30 h. VOAXA E CARMÍN
Texto de Esther F. Carredeguas. Con Mabel Rivera e Belén Constenla. Dirixe: Xavier Castiñeira
Teatro Principal

21.30 h. CONCERTO
TRANSLATIONS TRIO e convidados
Marcos Teira (guitarra flamenca), Alfonso Calvo (contrabaixo), Moisés Fernández
(caixón flamenco), Alejandro Vargas (piano), Isaías Monteiro (baile),
ANTONIO CARMONA
Obras son amores
Praza da Quintana. Entrada libre

23.00 h. ROBERTO SOBRADO GRUPO
Praza do Toural

22.30 h. ORQUESTRA LOS ESPAÑOLES
Paseo Central da Alameda

Compartir: