Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 26 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a campaña de Sistemas de Retencion Infantil que vai poñer en macha a Policía Local de Santiago. Na rolda tamén estará a oficial Diana Parente.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Teresa Gutiérrez, sobre asuntos carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.00 h
A concelleira de mercados, Marta Lois, asiste na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos á conferencia "Sen conservantes nin colorantes" dentro do programa "Quere o teu Mercado".

13.00 h
Na praza Roxa, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita, xunto cos concelleiros Marta Lois e Xan Duro, o mercado Compostela Eco, dentro das Festas da Ascensión.

17.30 h
Na sala de reunións do Concello de Ibiza, a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

19.00 h
No Teatro Principal de Ourense, Gala entrega de premios do programa Youtubeir@s, no que participa o Concello de Santiago.

FESTAS DA ASCENSIÓN 2017

COMPOSTELA DECIDE
CANCELAS FEST
18.00 h. ISLA CANELA
18.40 h. PIROCATUS
19.35 h. INMATES
20.20 h. CATRO GHATOS
21.10 h. MOJO EXPERIENCE
Auditorio das Cancelas

20.00 h. CONCERTO REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Director: Jonathan Webb
Programa:
L. García Taibo: Suite sinfónica "Galaica"
N. Rimsky-Korsakov: Scheherezade
Praza da Quintana
Entrada libre

20.00 h. XLI TROFEO DA CHAVE FESTAS DA ASCENSIÓN
Parque da Alameda (fronte á gardería de Santa Susana)
Asociación de Xogadores da Chave de Santiago

20.30 h. VOAXA E CARMÍN
Texto de Esther F. Carredeguas
Con Mabel Rivera e Belén
Constenla. Dirixe: Xavier Castiñeira
Teatro Principal

22.30 h. ORQUESTRA COSTA DORADA
Paseo Central da Alameda

23.00 h. CACHAS & COUSINS
(reagge/ska/mestizaxe)
Praza do Toural

Compartir: