Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de maio

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa como ponente no Forum Europa Tribuna Galicia.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o XII Certame de Danza Intercentros. Na rolda tamén estará a profesora Beatriz Viñal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Noa Morales para presentar as actividades dos orzamentos participativos Compostela Decide incluídos no programa das Festas da Ascensión.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras Marta Lois e María Rozas para presentar os proxectos europeos Wom@rts e Atlantic Social Lab.

19.30 h
Na Fundación Granell, a concelleira Concha Fernández asiste á inauguración da exposición Migrante na rúa, dentro do programa Compostela máis solidaria.

Compartir: