Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de maio

10.30 h
No CEIP López Ferreiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita o alumnado que está a participar no programa Conto Viaxeiro.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a convocatoria de bolsas de comedor escolar, adquisición de material e actividades extraescolares para o vindeiro curso.

11.30 h
No Salón Vermello, recepción aos traballadores e traballadoras municipais con motivo da súa patroa, Santa Rita.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar o ciclo de concertos Compostela É Música, dentro das Festas da Ascensión 2017. Na rolda tamén estarán representantes dos grupos.

Compartir: