Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 20 de maio

11.30 h
No CSC de Villestro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros do goberno municipal participan no cuarto Encontro ao Vivo. Neste caso coa veciñanza da zona RURAL SUR: Rocha, Laraño, Villestro, Figueiras e San Paio.

11.30 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, visita guiada á Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC), previa á charla de Raúl Bermúdez. Necesaria inscrición previa no mail exposicions@auditoriodegalicia.org

12.30 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, Raúl Bermúdez presenta "IlustraDots volume 2" dentro da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC).

12.30 h
Na praza das Praterías, concerto do Día das Letras Galegas da Escola Municipal de Música.

12.30 h
No Auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), concerto de peche de curso.

12.45 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira Concha Fernández recibe un grupo de ASPAS que remata a última etapa do Camiño de Santiago.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Pablo Díaz e a súa banda ao completo que presentan "TIC TAC TOC". Dentro do programa FalaRedes da Xunta de Galicia.

19.30 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Gala do Libro.

Compartir: