Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 2 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, mantén un encontro cos medios de comunicación.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar "Imperdible. Festival de Impro de Galicia", que se celebra na cidade do 4 ao 7 de maio. Na rolda tamén estará Antón Coucheiro, director do festival, e Alfonso Medina e Sandra Varela, organizadores.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar os Xogos de Atletismo organizados por Fademga. Na rolda tamén estará Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia, e un representantes de ASPAS.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19:30 h
Na praza do Olvido, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, mantén un encontro coa veciñanza da zona para presentar o proxecto de reurbanización das rúas Patio de Madres e Castrón D’Ouro.

Compartir: