Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de maio

11.15 h
Na Alcaldía, acto de entrega da mostra do cupón da ONCE dedicado ás Festas da Ascensión ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega. Por parte da ONCE estarán o delegado territorial, Manuel Martínez Pan, e o director da Axencia ONCE de Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.45 h
Na praza da Quintana, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de presentación do proxecto "Labirintos líricos", que se leva a cabo nas 15 cidades do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

18.30 h
En Área Central, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visita a IV Feira Caravaning Compostela.

19.30 h
Con saída da Praza de Mazarelos, ruta ‘Carlos Casares e Compostela’, dentro das actividades con motivo do Día das Letras Galegas. A duración é de 1 hora e media aprox., e hai que inscribirse previamente en info@auditoriodegalicia.org

22.00 h
No Teatro Principal, concerto de Rosa Cedrón dentro do festival Santiautor 2017.

Compartir: