Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de maio

10.00 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o XI Congreso Nacional de CCOO de Galicia.

11.00 h
No Paraninfo da USC (Facultade de Historia), a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á entrega de premios do Programa Argos – Creando Equipo de Emprendedores da Universidade de Santiago de Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o Plan de Acción de Enerxía Sostible.

12.00 h
Na Casa do Concello (Salón Vermello), ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a Semana do Libro de Compostela (SELIC). Asisten David Cortizo, de Urco Editora, e Patricia Porto, da libraría Lila de Lilith.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 15 de decembro de 2016 (núm. 21).
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Proposta de suspensión cautelar de licenzas no ámbito da parcela EM-FE. Finca do Espiño.
4. Proposta de suspensión cautelar de licenzas no ámbito do PERI-12. Antigo colexio Manuel Peleteiro.
5. Aprobación do Plan de acción para as enerxías sostibles (PAES).
6. Aprobación inicial da proposta de asunción directa da xestión do servizo de ORA e guindastre a través da Sociedade Mercantil Municipal TUSSA.
7. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa a redacción dun plan de ordenación e uso público da finca do viveiro de Lamas de Abade e rehabilitación dos edificios.
8. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, en relación ao servizo de axuda no fogar.
9. Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10. Solicitude do grupo municipal Socialista de comparecencia da concelleira delegada de emprego.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.30 h
Con saída da Praza de Mazarelos, ruta ‘Carlos Casares e Compostela’, dentro das actividades con motivo do Día das Letras Galegas. A duración é de 1 hora e media aprox., e hai que inscribirse previamente en info@auditoriodegalicia.org

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto especial do Día das Letras Galegas da Real Filharmonía de Galicia e o Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia. Dirixidos por Maximino Zumalave.

Compartir: