Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 13 de maio

12.00 h
Na praza do Toural, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á XXIV Xornada de solidariedade coas persoas paradas, organizado por Cáritas.

12.00 h
Na Galería Sargadelos, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste á clausura da XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura "Unha última carta".

12.00 h e 18.30 h
No CIAC (Belvís), Xornada de divulgación sobre a problemática da contaminación luminosa. Ás 12.00 h, obradoiro de "Pequen@s Astrónom@s: sinxelas ferramentas para descubrir o ceo nocturno", para nenas e nenos a partir de 7 anos, acompañados dunha persoa adulta. Ás 18.30 h, charla-coloquio sobre contaminación luminosa coa participación de expertos que nos achegarán a esta problemática desde diferentes perspectivas: Salvador Bará (USC), Óscar Sánchez (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío) e Lucía Giráldez (Calidade do Ceo Nocturno).

13.00 h
Na Alameda de Santiago, concerto da Banda Municipal para inaugurar a Feira do Libro Antigo.

22.00 h
No Teatro Principal, concerto de Ele, dentro do festival Santiautor 2017.

Compartir: