Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 12 de maio

11.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita os nenos e nenas que están a participar no concurso Enreguéifate.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no congreso estatal FIARE BANCA ÉTICA

14.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos gañadores do campionato galego de Tenis de Mesa (ARTEAL).

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de entrega dos premios do concurso Enreguéifate.

22.00 h
No Teatro Principal, concerto de Guadi Galego, dentro do festival Santiautor 2017.

Compartir: