Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 8 de abril

11.30 h
En NUMAX, encontro coa directora arxentina Milagros Mumenthaler, dentro do ciclo de encontro con cineastas ‘A cor das palabras’.

12.00 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira Marta Lois asiste ao acto de doazón da medalla de ouro ao mérito no traballo concedida á Federación de Redeiras Artesás "O Peirao" ao Museo do Pobo Galego.

12.30 e 18.30 h
No Teatro Principal, Títeres A Xanela do Maxín presentan ‘As aventuras de Gale’.

16.00 h
Con saída da Igrexa da Universidade, itinerario polos órganos das Igrexas da Universidade, San paio e San Martiño Pinario, dentro do ciclo ‘De Lugares e Órganos’.

20.00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, concerto de Semana Santa da Banda Municipal coa Escolanía da Catedral.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Ses que presenta o seu último traballo, ‘Opoñerse á extinción’.

Compartir: