Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 6 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, sobre o programa "Paixón Doce". Na rolda tamén estará a presidenta da sección de Hospedaxe da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, e un representante da Xunta de Confrarías.

13.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, preside a Mesa local de Comercio.

18.30 h
No Teatro Principal, proxección da película "Amanece, que no es poco", de José Luís Cuerda. Ao remate da proxección terá lugar unha charla-coloquio co director. Dentro do programa da Concellería de Medio Ambiente e o Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC "Descarboniza! Que non é pouco".

19.00 h
No Parlamento, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega das Medallas do Parlamento de Galicia.

19.30 h
Na Casa do Concello, recepción por parte do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, á comisión sectorial de CRUE-SOSTIBILIDADE integrada por reitores, vicerreitores e responsables de sostibilidade das universidades españolas.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, conversando con Jonathan Webb, previo ao concerto da Real Filharmonía de Galicia das 20.30 h.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á presentación da memoria 2016 de Cruz Vermella Santiago.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixido por Jonathan Webb e con Sam Furness, tenor.

Compartir: