Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete para valorar os orzamentos do Estado.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e da responsable de Protección Civil, Begoña del Río, para dar conta do balance de actuacións de 2016.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e de dous representantes da Fundación Sophia, Juan Carlos Rocamonde (presidente) e Ángela Carballal (vicepresidenta), para presentar un concerto solidario.

12.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para presentar os Orzamentos Participativos de 2018.

12.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ás persoas participantes no 5º Encontro de Estudantes e Profesores de Catalán no Exterior.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con membros de Compostela Solidaria.

19.30 h
No LSC de Barciela, a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, mantén un encontro coa veciñanza da zona sobre a regularización catastral. Ás 21.00 h, no Local Social de Verdía. Ás 20.00 h, o concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, estará no LSCde Bando.

19.30 h
En Secretos de Galicia (Santo Agostiño, 7), ‘O órgano sae á rúa’, encontro informal música e conversa arredor dos órganos. Dentro do ciclo ‘De Lugares e Órganos’.

20.30 h
No Teatro Principal, Roser López Espinosa presenta ‘Noviembre’, dentro do ciclo Teatro & Danza.

Compartir: