Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar un protocolo de colaboración entre o Concello de Santiago e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Asiste o presidente da delegación compostelá do COAG, Santiago García

11.00 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia presenta ‘Pedro e o lobo’ de S. Prokófiev, dentro do Programa Didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a andaina dos 50 km organizada polo Club Deportivo Fontiñas. Na rolda tamén estará Iñaki Bilbao, representante da entidade.

12.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da Gala do Libro Galego 2017.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas correspondentes á sesións ordinarias do día 20 de outubro e 17 de novembro de 2016 (núms. 17 e 18).
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM nas disposicións transitorias 2ª e 12ª.
4. Solicitude de inicio de avaliación ambiental da modificación puntual do catálogo do PXOM: corrección de erros na ficha D-061 (Casa en Lavacolla) e creación das fichas D-061 (a), D-061 (b-c) e D-061 (d).
5. Toma en consideración, se procede, de proposición normativa presentada polo grupo municipal do Partido Popular, en relación á ordenanza 1.01: imposto sobre bens inmobles.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa a implantación dun plan periódico de inspeccións para o control do inicio de actividades e apertura de establecementos mediante comunicación previa.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, en relación a modificacións das ordenanzas reguladoras de publicidade e rotulación e das terrazas e quioscos de hostalería.
8. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa á necesidade de proceder á rehabilitación do Pazo da Finca do Espiño.
9. Dar conta de resolución da alcaldía de cese e nomeamento de membro da Xunta de Goberno.
10. Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da pianista Marianna Prjevalskaya, dentro do ciclo de Piano Ángel Brage.

20.30 h
No Teatro Principal, a compañía Entremans presenta ‘Amediometrados’ dentro da programación da Concellaría de Acción Cultural polo Día da Danza.

Compartir: