Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 24 de abril

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘En Galicia facemos debuxos animados!’, dentro do programa de Didácticos Audiovisuais.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar os actos con motivo do Día da Educación Física na rúa. Na rolda tamén estarán o profesor do IES Rosalía de Castro, Pablo Alén, e membros do Colexio Oficial de licenciados en Educación Física de Galicia (COLEF).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, e da presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, para presentar os resultados do programa de dinamización gastronómica de Semana Santa "Santiago Paixón Doce".

18.30 h
Na Casa do Concello, recepción por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, aos xogadores e xogadoras de Squash Martina Flores Álvarez, campioa de España Categoría Sub 13 Feminina 2017; Hugo Mon Real, campión de España Categoría Sub 13 Masculina 2017; Marta Domínguez Fernández, campioa de España Categoría Sub 17 Feminina 2017; Gonzalo Romero Rodríguez, campión de España Categoría Sub 17 Masculina 2017; e Pablo Quintana Estévez, subcampión de Europa coa Selección Española na Categoría Sub 19 2017.

Compartir: