Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 22 de abril

11.00 h
Na praza de Mazarelos, actividade de celebración do Día da Terra: ciclobiblioteca e contacontos con Anxo Moure. O punto de encontro será na praza de Mazarelos, pero a actividade desenvolverase en diferentes prazas da zona vella entre as que Anxo Moure se desprazará na súa ciclobiblioteca ao longo da mañá. Dentro das actividades do CIAC.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste, invitado polo Concello de Barcelona, ao acto de recuperación do nome popular da Plaça del Cinc D’Oros (na avenida Diagonal). Ás 17.00 h, no Centro Galego, asiste ao acto de homenaxe a Castelao, e ás 20.00 h, á Festa Popular no Parc de la Guineuta.

12.30 h
No Auditorio de Galicia, Charla Ninja con Alberto Guitián e David Rubín que presentan "A Guía Ninja do Ilustrador" dentro das actividades da MiiC, Mostra Internacional de ilustración Contemporánea. (Unha hora antes, visita guiada á exposición previa reserva en exposicions@auditoriodegalicia.org)

18.30 h
Dentro das actividades do CIAC, roteiro interpretativo polo parque de Belvís. Actividade dirixida a todos os públicos (nenos/as a partir de 7 anos). É de balde pero é preciso inscribirse no teléfono 981 543 145 ou en ciac@santiagodecompostela.gal

20.30 h
No Teatro Principal, Contraproducións S.L. presenta "O tolleito de Inishmaan", de Martin McDonagh, dirixido por Cándido Pazó.

21.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Rosana dentro do ciclo Santiautor.

Compartir: