Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar o Programa Municipal de Apoio para a Inclusión Social.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, acompañada dos representantes da Tropa Korriban, Andrés Torreiro, Manuel Gayoso e Juan Piteira, para presentar o III desfile dos Imperial Stormtroopers, que terá lugar o 27 de maio.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo. Marta Lois, xunto a Xavier Senín, portavoz do xurado do Premio Realia de Tradución, para anunciar o gañador deste premio que convoca a Editorial Hugin e Munin co apoio do Concello.

20.30 h
No Teatro Principal, Contraproducións S.L. presenta ‘O tolleito de Inishmaan’ de Martin McDonagh dirixido por Cándido Pazó.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Fabien Gabel e con Eric Le Sage ao piano. Interpretan obras de Mendelssohn, Schumann e Honegger.

Compartir: