Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de abril

10.45 h
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, visita a rúa de Montero Ríos. Punto de encontro: cruce das rúas Xeneral Pardiñas e Montero Ríos.

12:00 h
Na praza do obradoiro, minuto de silencio pola muller asasinada este luns, vítima de violencia de xénero, en el Alquián, Almería.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a Orlando Fiorotto, concelleiro da municipalidade paraguaia de Asunción.

16.00 h
Con saída da igrexa da Compañía ou da Universidade, Itinerario polos órganos da propia igrexa da Universidade e de San Paio e San Martiño Pinario, guiado por Adrián Regueiro (órgano) e Andrés Díaz Pazos (relator). Dentro do ciclo De Lugares e Órganos, que organiza a Concellaría de Acción Cultural.

20.30 h
Na igrexa de San Paio de Antealtares, O Dulcis Amor, repertorio para voz e órgano dos séculos XVI e XVII con Dominique Vellard (tenor) e Jan Willen Jansen (órgano), dentro do ciclo De Lugares e Órganos, que organiza a Concellaría de Acción Cultural.

Compartir: