Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 10 de abril

10.30 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión técnica da ORA e do guindastre.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
No CEIP das Fontiñas, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, visita os nenos e as nenas que participan no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e da deputada Pilar Cancela sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
Na Igrexa das Ánimas, ‘As sete palabras de Xesucristo na cruz’, unha recreación visual e musical do exercizo das tres horas co Cuarteto Alicerce, dentro do ciclo ‘De Lugares e Órganos’. (Previamente, ás 19.00 h, preparación para a escoita).

Compartir: