Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de marzo

10.45 h
No cruce da rúa Montero Ríos con Rapa da Folla, o voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, mantén un encontro cos medios.

11.30 h
En San Caetano, o alcalde, Martiño Noriega, reúnese co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta a estrea de ‘A cabeza do dragón’ de Valle-Inclán, primeira vez que se representa un texto do autor en galego. Dirixida por Quico Cadaval e co propio Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez en escena.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Concerto a dúas bandas’ coa Banda Municipal de Música de Santiago e a Banda do Conservatorio Profesional de Música. Dirixido por Casiano Mouriño.

Compartir: