Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de marzo

10.00 h
No Matadoiro Compostela, Obradoiro "Explorando a sexualidade dos homes"

11.30 h
No Hotel Castro (Formarís), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros do goberno municipal participan no segundo Encontro ao Vivo. Neste caso coa veciñanza da zona rural norte: Bando, Sabugueira, Carballal, Enfesta, Cesar, Barciela, Marantes, Nemenzo, Busto, Verdía, A Gracia, A Peregrina, Grixoa, Fecha e Santa Cristina.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Descubre unha orquestra para ti, a túa!’, concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia. Dirixidos por Manuel Hernández Silva, interpretan a ‘Sinfonía en do menor’ de Grieg.

20.30 h
No Teatro Principal, Talía Teatro presenta ‘Ubú Rei’. Dirixida por Roberto Salgueiro e con Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo en escena.

Compartir: