Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 22 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Baobab Teatro presenta ‘Luppo’, dentro do Programa Didáctico da concellaría de Acción Cultural.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o Obradoiro "Explorando a sexualidade dos homes". Na rolda tamén estará o axente de Igualdade da produtora Pistacatro, José Expósito.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da tenente de alcalde, María Rozas, para presentar ‘Ubú Rei’, obra de Talía Teatro que teremos no Teatro Principal de xoves a sábado. Acompáñana na rolda Artur Trillo, director da compañía e actor do espectáculo; e Toño Casais e María Ordóñez, actor e actriz protagonistas do mesmo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Concha Fernández para presentar o acto de celebración do Banquete de Conxo e o programa Imos de Excursión 2017.

12.30 h
Na praza Roxa, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visita a carpa de Viaqua con motivo do Día da Auga.

Compartir: