Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de marzo

9.30 h
Na Facultade de Ciencias da Educación, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, participa na inauguración das II Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a Educación.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o I CAMPUS DE FÚTBOL AMERICANO. Na rolda estará o presidente do Santiago Black Ravens, José Jiménez, e persoal técnico do campus.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar os actos con motivo do Día Mundial da Poesía.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
No Parque de Galeras, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á homenaxe ás lavandeiras de Compostela que se celebrará no marco das actividades polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

17.00 h a 18.30 h
Dentro das actividades do CIAC, visita á potabilizadora do Tambre (transporte desde o CIAC. Belvís)

20.30 h
No Teatro Principal, Voadora presenta ‘Soño dunha noite de verán’ de William Shakespeare. Dirixida por Marta Pazos e con Anäel Snoek, Andrea Quintana, Areta Bolado, Borja Fernández, Diego Anido, Hugo Torres, Janet Novas, Jose Díaz e Liza Suárez en escena.

Compartir: