Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 16 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar unha nova edición do programa Con B de Barrio. Estará acompañada por Ángel González, de Edan Xestión.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación se procede da acta correspondente á sesión ordinaria do día 15 de setembro de 2016 (acta núm. 15/16).
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Aprobación definitiva do Estudo de detalle das parcelas EU-7, EU-2 e grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola. SUP-5 Choupana-Campus Sur.
4. Aprobación definitiva do Estudo de detalle de criterios compositivos e estéticos no tratamento das fachadas do barrio de Vista Alegre. Estudo da cor.
5. Proposición do grupo municipal Socialista, relativa á solicitude de declaración de ARI para a Almáciga.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a realización dun censo detallado de persoas maiores que viven soas para axustar a planificación municipal e previr situacións de emerxencia.
7. Proposición do grupo municipal do BNG, para instar a negociar coas administracións á construción da estación de mercadorías na Sionlla.
8. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa a desenvolver un proxecto de actuación en materia de sinalética no concello.
9. Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10. Comparecencia do concelleiro de espazos cidadáns, dereito á vivenda e mobilidade, acordada na sesión plenaria ordinaria do día 16 de febreiro de 2017.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel, previo ao concerto da Real Filahrmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel e con Alban Gerhardt, violonchelo. Interpretan obras de Stravinski, Haydn e Britten.

20.30 h
No Teatro Principal, Voadora presenta ‘Soño dunha noite de verán’ de William Shakespeare. Dirixida por Marta Pazos e con Anäel Snoek, Andrea Quintana, Areta Bolado, Borja Fernández, Diego Anido, Hugo Torres, Janet Novas, Jose Díaz e Liza Suárez en escena.

Compartir: