Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 15 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello (Salón Verde), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asinan o convenio para o financiamento do Auditorio de Galicia. Declaracións no Salón Vermello.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar as actividades con motivo do Día da Árbore. Estará acompañado por María Pose, da rede de Centros Socioculturais; Irene Bastino, en representación do CIAC, e Mabel Fraga, directora do Museo de Historia Natural.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a reunión da Mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición homenaxe A cidade no tempo. A mirada de Manolo Blanco.

20.00 h
No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración da exposición Unha viaxe solidaria e creativa á vida, a beneficio da Fundación Tierra de Hombres.

20.30 h
No Teatro Principal, Voadora presenta ‘Soño dunha noite de verán’ de William Shakespeare. Dirixida por Marta Pazos e con Anäel Snoek, Andrea Quintana, Areta Bolado, Borja Fernández, Diego Anido, Hugo Torres, Janet Novas, Jose Díaz e Liza Suárez en escena.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, inauguración de Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral. Trátase dun espectáculo no que participarán todos os artistas que se poderán ver desde hoxe, día 15, ata o domingo 19, cando se clausura o festival.

Compartir: